¡Familia, vive a alegría da fe!
Peregrinación á Tumba de San Pedro para o Ano da Fe
O próximo 26 e 27 de Outubro, as familias de todo o mundo dirixiranse en Peregrinación a Roma, á Tumba de San Pedro. Este evento insírese no conxunto de iniciativas propostas para o Ano da Fe, proclamado polo Emérito Papa Benedito XVI.
O mesmo título o evento "FAMILIA, VIVE A ALEGRÍA DA FE! Peregrinación das Familias á Tumba de San Pedro para o Ano da Fe", fainos comprender que esta peregrinación será unha ocasión alegre de compartir entre as familias de todo o mundo. Acompañadas tamén polos fillos e polos avós, as familias están convidadas a dar testemuño da súa fe con alegría e confianza, precisamente na Tumba de San Pedro, primeiro confesor de Cristo.