NADAL EN FAMILIA
Non é posible recuperar o verdadeiro sentido do Nadal si non profundizamos na dimensión familiar destas festas.
Estes días do Nadal caracterízanse aínda hoxe por un clima máis familiar. Para moitos, o Nadal segue sendo unha festa de reunión e reencontro familiar. Ocasión para congregarse todos ao redor dunha mesa a compartir con gozo a calor do fogar.
Estes días parecen reforzarse os lazos familiares. Diríase que é máis fácil a reconciliación e o achegamento entre familiares enfrontados ou distantes. Por outra banda, lémbrase máis que nunca a ausencia dos seres queridos falecidos ou afastados do fogar.
Con todo, é fácil observar que o clima familiar destas festas vaise deteriorando de ano en ano. A festa desprázase fóra do fogar. Os fillos corren ás salas de festas. As familias trasládanse ao restaurante. Convídasenos xa a «celebrar o Nadal de viaxe».
Sen dúbida, son moitos os factores de diversa orde que explican este cambio social. Pero hai algo que non habemos de esquecer. É difícil o encontro familiar cando, ao longo do ano, non se vive en familia. Mesmo, se fai insoportable cando non existe verdadeiro diálogo entre pais e fillos, ou cando o amor entre os esposos se vai apagando.
Todo iso facilita cada vez máis a celebración destas festas fora do fogar. É máis fácil a reunión ruidosa desas ceas superficiais e baleiras dun restaurante. O clima que aí se crea non obriga a vivir o Nadal coa fondura humana e cristiá que o marco do fogar parece esixir.
Por iso é polo que estas festas do Nadal que, durante tantos anos, reavivaron a calor entrañable das familias, sexan quizais hoxe en moitos fogares uno dos momentos máis reveladores da deterioración da vida familiar.
O carácter familiar do Nadal é de orixe fondamente cristián. Segundo o relato de San Lucas, os primeiros en escoitar o anuncio do nacemento do Fillo de Deus foron uns pastores que non durmían senón que se mantiñan vixiantes e espertos durante a noite.
Por iso, desde moi antigo, os cristiáns afacían permanecer espertos na noite de Nadal, preparándose a celebrar con fe o nacemento do Salvador. Desde entón, é costume nos países de tradición cristiá esta reunión familiar.
Pero o carácter familiar destas festas ten unhas raíces máis profundas. Os cristiáns celebramos ao Deus que quixo formar parte da familia humana. O Fillo de Deus fíxose o noso irmán. Agora a humanidade non é un conxunto de individuos illados ou dispersos que viven cada un a súa vida. Todos formamos unha gran familia de irmáns que podemos chamar a Deus «Abbá», Pai. Por iso, o nacemento do Señor é unha invitación a esforzarnos polo nacemento de persoas novas e dunha familia mellor e máis humana.
Habemos de facer do fogar a primeira comunidade na que os fillos poidan vivir unha verdadeira experiencia de familia e fraternidade. Pero non basta. Sen dúbida, sempre é tentador para unha familia encerrarse na súa propia felicidade; tratar de construír un «fogar feliz», de costas á infelicidade doutras familias; reducir o amor ao mundo pequeno dos intereses familiares.
Con todo, o verdadeiro amor non coñece límites nin pode quedar restrinxido egoístamente ás fronteiras do propio fogar. Lembróunolo Xoán Paulo II con palabras que deberían ter un eco especial nestes momentos de grave crise económica: «Vós, familias que podedes gozar do benestar, non vos pechedes dentro da vosa felicidade; abrídevos aos outros para compartir.»
Celebrar de verdade o Nadal esixe aprender a vivir cun sentido profundo de fraternidade. Quizais entre nós, o Nadal teña que ser, primeiro de nada, unha chamada urxente a vivir como irmáns, por encima de ideoloxías, crenzas, partidismos ou siglas que cada un poida defender.
O Nadal debería ser ocasión de reflexión e de compromiso para crear entre nós un estilo diferente de entender a loita política e o esforzo común por unha sociedade mellor. Por encima de obxectivos políticos, intereses de partido ou razóns de estratexia, o outro é sempre o noso irmán, mesmo cando se nos presenta como adversario.
¡FELIZ NADAL!

Comentarios
Publicar un comentario