"Si, Quiero"






Palabras de Benedito XVI sobre a formación dos noivos previa ao Matrimonio."A preparación próxima que se refire aos noivos debería configurarse como un itinerario de fe e de vida cristiá, que leve a un coñecemento profundizado no misterio de Cristo e da Igrexa, dos significados da graza e da responsabilidade do matrimonio(...). Só poñendo a Cristo no centro da existencia persoal e de parella é posible vivir o amor auténtico e dalo aos demais".
Como resposta a esta inquietude Goya Producións lanzou unha serie de doce impactantes documentais, xunto cun orixinal libro, destinados a todos os que aspiran a casar pola Igrexa.
É a primeira vez que leva á pantalla un curso prematrimonial completo, non en forma de clases, senón no formato de modernos documentais. Isto non existía até hoxe nin en España nin fóra. Abundan os libros, cursos e material escrito, pero faltaba un audiovisual atractivo, impactante.
Nesta orixinal serie de documentais participaron 56 persoas do cinco continentes: 26 noivos e matrimonios e 30 expertos, incluíndo psiquiatras, psicólogos, filósofos, médicos, xuristas, asesores familiares... Tamén interveñen nela relevantes figuras eclesiásticas como os cardeais de París, Sydney e Sao Paulo, ademais de Mons. Reig.
"Si, Quiero" vai acompañado por un libro do mesmo nome escrito por Alfonso Basallo e Teresa Díez para completar este método. Reforza os audiovisuais e axuda a aclarar dúbidas cun estilo dirixido aos mozos. Cun enfoque orixinal e imaxes atractivas, estes documentais, de 12 minutos cada un, recollen testemuños de máis de 30 expertos do cinco continentes en Orientación Familiar, Teoloxía, Dereito e Ética matrimonial, ademais de parellas de casados e de noivos. É unha coprodución entre Goya Producións e Editorial Casals.
MONS. JUAN ANTONIO REIG, Bispo de Alcalá e presidente da Subcomisión para a Familia da Conferencia Episcopal Española afirmou que "Si, Quiero, responde o desexo maioritario das persoas: o desexo de amar para sempre. Se se fracasa no amor, fracásase no máis decisiva da persoa humana". Mons. Reig confía que "estes documentais e este libro contribúan eficazmente á formación de fogares cristiáns máis unidos, fieis e felices. É un material que propoño para todas as parroquias, escolas de pais, ou centros de orientación, preocupados na formación das parellas".

Comentarios

Entradas populares