A Conferencia Episcopal Española presenta a Campaña pola Vida co lema "Sempre hai unha razón para vivir" A Conferencia Episcopal Española presentou a Campaña pola Vida. Como vén sendo habitual nos últimos anos, a Xornada pola Vida celebrarase o 25 de marzo, festividade da Encarnación do Señor.
Nesta presentación deuse a coñecer un elemento novo, un vídeo colgado en youtube: http://www.youtube.com/watch?v=iKxfhJy43n0 Tamén se pode ver en : http://www.siemprehayunarazonparavivir.com/, ademáis de facer comentarios, dar testemuños, etc.
Ademáis, as manifestacións a favor da vida (do próximo 26 de Marzo ás 5 da tarde en Lugo, e noutras datas e lugares de España) son convocadas por un grupo de asociacións e grupos en favor da vida pero que a CEE non participa na convocatoria da mesma. Aínda que é certo que se considera positiva a participación en toda iniciativa que favoreza o respecto e a dignidade da vida humana en todas as súas etapas.

Comentarios

Entradas populares